Hai unhas 3.000 obras de Castelao esparexidas polo mundo. Unhas 1.600 delas xa están catalogadas nun traballo co financiamento da Consellería de Cultura e que pretende catalogar e dixitalizar toda a obra do artista que está dispersa. O director desta investigación, Miguel Anxo Seixas, asegurou que no labor deste equipo inclúese a obra menos coñecida de Castealo, o seu traballo como ilustrador e as obras que se consideran menores. Seixas considera que este labor permite coñecer a totalidade da súa obra e, ao mesmo tempo, «reconstruír parte da súa vida».
O director apuntou tamén algunhas das dificultades de localización das obras de Castelao e pediu aos posibles propietarios de pezas do galeguista que colaboren co proxecto comunicando a súa existencia. Un equipo de cinco investigadores está traballando en institucións públicas e privadas para recompilar toda a información da obra de Castelao
O tempo coagulado nas páxinas do libro
Hace 11 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario